InicioSuspenden as clases no IES A Sangriña da Guarda por inundación de...

Suspenden as clases no IES A Sangriña da Guarda por inundación de varias aulas

Fontes da Consellería de Educación explicaron que as choivas das últimas horas afectaron as obras que se están levando a cabo na cuberta do centro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do IES A Sangriña da Guarda informou da suspensión das clases este venres debido á inundación de varias aulas e a danos rexistrados na cuberta polas fortes choivas das últimas horas.

Na noite deste xoves a dirección do centro comunicou a suspensión da actividade docente, que foi tamén confirmada a Europa Press pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fontes do departamento autonómico explicaron que as choivas das últimas horas afectaron as obras que se están levando a cabo na cuberta do centro. “Xa se está en contacto coa empresa para arranxar a situación coa máxima celeridade e que se poidan retomar as clases o martes con normalidade”, apuntaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

O Pleno de Vigo aproba os orzamentos de 2027 coa oposición de PPdeG e BNG

O Pleno do Concello de Vigo deu este luns o visto e prace á...

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...