InicioSociedadeVigo encara o fin do estado de emerxencia con menos contaxios e...

Vigo encara o fin do estado de emerxencia con menos contaxios e menos hostitalizados Covid

Ten só 71 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistra unha melloría da maioría dos indicadores da Covid-19 na xornada na que abandona o estado de emerxencia sanitaria cun descenso dos casos activos a 416 –cinco menos–, así como nos pacientes hospitalizados a 26 –tres menos– e mantense con 28 novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 2,17 por cento.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, continúan oito persoas hospitalizadas pola Covid en UCI e descenden a 18 as ingresadas noutras unidades –tres menos–, mentres que 390 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en Vigo, cun paciente en críticos e baixan a catro os de hospitalización convencional –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos descenden por segunda xornada consecutiva despois de dous días seguidos previos de lixeiro aumento e afronta a saída de emerxencia sanitaria con 416, que supoñen cinco menos, ao haber máis altas (32), que novos contaxios (28), ao que se suma un falecemento. As infeccións activas tamén baixan en Vigo (-6), que queda con 71 casos activos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...