InicioSociedadeLixeiro aumento de casos Covid na área de Vigo

Lixeiro aumento de casos Covid na área de Vigo

Con todo hai un paciente menos ingresado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia experimenta un novo incremento de contaxios de Covid-19 ata os 33 –dez máis– e de casos activos, que se sitúan en 438 –seis máis–; mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 31 –tres menos– e a taxa de positividade cae a un 0,48 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI baixan a oito –unha menos— e descenden a 23 as ingresadas noutras unidades –dúas menos–, mentres que 407 atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende na área de Vigo, que segue cun en UCI e rexistra seis noutras unidades –un menos-.

NOVO AUMENTO DE CASOS

Por segunda xornada consecutiva esta semana os casos activos soben lixeiramente ata os 438 no conxunto de Galicia, seis máis, ao haber de novo máis contaxios (33) que altas (27). As infeccións subiron na área de Vigo (+2), que queda con 79 casos activ os.

MÁIS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios, soben de novo e superan a trintena para situarse nos 33, que supoñen 10 máis que os 23 deste martes, tras comezar a semana con 21. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Estes 33 novos positivos foron confirmado nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Do total, sete son da área de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...