InicioSociedadeA UVigo contará cun título propio en ciberseguridade industrial en 2022

A UVigo contará cun título propio en ciberseguridade industrial en 2022

O curso abordará as medidas de protección precisas para evitar ciberataques, perdas na propiedade industrial ou paralizacións da produción, entre outros aspectos da ciberseguridade industrial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) porá en marcha o título propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial, que será único na comunidade, en xaneiro de 2022 e impartirao ata setembro dese mesmo ano.

O coordinador desta titulación e docente do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, José Ignacio Armesto, sinalou que se busca abrir este curso a “participantes de toda España e mesmo Latinoamérica” e que se ofrecerán 30 prazas, segundo trasladou a universidade. A docencia será impartida integramente de modo virtual a través do Campus Remoto por profesorado das escolas de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo.

Ademais, Armesto sinalou que a nivel nacional hai titulacións en ciberseguridade industrial dispoñibles, pero “non teñen un enfoque tan práctico e técnico” como o do título propio da UVigo. Así, destacou que contará con apoio e participación docente de multinacionais do sector como Siemens, Fortinet, Microsoft e Nozomi Networks.

Precisamente, a formación en ciberseguridade representa unha das demandas que recolle o informe ‘Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o Sistema Universitario de Galicia (SUG)’. Deste xeito, buscarse dar resposta aos riscos derivados da dixitalización empresarial, que require de profesionais que garantan a protección das compañías e os procesos produtivos.

Para iso, o curso abordará as medidas de protección precisas para evitar ciberataques, perdas na propiedade industrial ou paralizacións da produción, entre outros aspectos da ciberseguridade industrial.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...