InicioVigo e contornaVigoAna Pontón aproveita a visita a Conxemar para pedir unha rebaixa aos...

Ana Pontón aproveita a visita a Conxemar para pedir unha rebaixa aos impostos do peixe

Demanda reducir o IVE dos produtos do mar ao 4%, como o arroz ou o pan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao Goberno de España a rebaixar o IVE do peixe, do 10 ao 4 %, e sinalou que esa medida tería un impacto positivo tanto a nivel social, no prezo da cesta da compra, como económico, polo apoio ao complexo mar-industria, estratéxico en Galicia.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, antes de realizar unha visita á feira Conxemar, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo, e onde acudiu acompañada pola deputada nacionalista no Parlamento galego, Carmela González, e pola representante do BNG en Europa, Ana Miranda.

Pontón, que felicitou aos organizadores do certame por dar ” o paso” de retomar o evento, subliñou que o peixe é “un elemento central” da dieta, e debe apoiarse á cadea mar-industria, pero tamén facilitar o acceso dos consumidores a este produto.

Por iso, lembrou que o BNG apoia a demanda do sector de rebaixar o IVE do peixe ata o 4 %, seguindo a senda doutros países europeos, e subliñou que esta medida permitiría abaratar o custo da cesta da compra, pero tamén tería un impacto positivo neste sector, e en “unha nación pesqueira como Galicia”, onde esta industria ten “un peso tan importante”.

De feito, lembrou que os nacionalistas xa levaron ao Parlamento autonómico unha iniciativa nese sentido, que obtivo o respaldo unánime da Cámara, polo que instou ao Goberno “a que tome con decisión esta medida”, que suporá “que moitas familias non teñan que prescindir do peixe na súa dieta” e “dáselle respaldo ao sector do mar e do conxelado, fundamental”.

Finalmente, Ana Pontón pediu ás administracións que sigan “apostando” por esta industria, pola súa innovación e internacionalización, e pola creación de emprego, para que Galicia poida ter “músculo industrial” neste ámbito.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...