InicioSociedadeExtraballadoras de C&A en Vigo, en loita: "Cumprir anos condenounos ao despedimento"

Extraballadoras de C&A en Vigo, en loita: “Cumprir anos condenounos ao despedimento”

Aseguran que foron "enganadas" pola empresa e irán a xuízo para conseguir a readmisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As extraballadoras da tenda de C&A que se atopaba emprazada na rúa Príncipe de Vigo “están en loita”. Así o defenden nun comunicado remitido aos medios no que indican que se senten “enganadas” logo de que a empresa decidira pechar a tenda e deixalas na rúa coa escusa de que “non podía recolocarnos, posto que non tiñan previsto abrir outro local na cidade”. Mais para sorpresa de todas elas, o novo Centro Comercial Vialia, que vén de abrir as súas portas este mércores, “ten unha nova tenda de C&A”.

Enganáronnos para rescindir os nosos contratos por peche, pero o único motivo que agocha a empresa é un moi diferente a un problema de recolocación”, explican as traballadoras no comunicado. A clave, proseguen, está na idade: “A maioría de nós temos máis de 50 anos e máis de 30 de antigüidade na empresa”. “Cumprir anos e adquirir dereitos foi a nosa condena”.

Ante esta situación na que se atopan, as traballadoras decidiron concentrarse no acto de inauguración do centro comercial Vialia para denunciar a súa situación. “Somos nais das xeracións que agora ocupan o noso posto de traballo, con menos idade e con menos dereitos”, reprenden.

Durante a protesta, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “achegouse para solidarizarse”, momento que as traballadoras aproveitaron para solicitarlle unha xuntanza. Polo de agora, o vindeiro 2 de decembro celebrarase o xuízo no que pedirán a súa readmisión por nulidade do despedimento. “Porque fomos enganadas, e, sobre todo, porque cumprir anos foi o que nos condenou ao despedimento“, sentenzan.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...