InicioSociedadeA Facultade de Ciencias Ecónomicas e Empresariais cumpre 30 anos

A Facultade de Ciencias Ecónomicas e Empresariais cumpre 30 anos

Descubriuse un mural, obra de Marcos Míguez Puhinger, para conmemorar a efeméride.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo cumpriu 30 anos e este luns acolleu un acto institucional de celebración, no que participaron, entre outros, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; o alcalde da cidade, Abel Caballero; o primeiro decano do centro, Manuel Varela; e o actual decano, Jorge Falagán; así como o arquitecto que deseñou o edificio, Alfonso Penela.

Nas súas intervencións, os participantes no acto lembraron a historia do edificio e as orixes da titulación en Vigo. Así, Manuel Varela sinalou que a facultade deu os seus primeiros pasos en 1987, cando aínda estaba integrada na Universidade de Santiago e antes de ter a súa sede no campus vigués das Lagoas.

Ademais, lembrou que o número de alumnos ía crecendo curso a curso e pronto se puxo de manifesto que necesitaba unha nova sede. Así, tras un concurso de ideas, seleccionouse o proxecto do arquitecto Alfonso Penela, que sinalou que o edificio do campus naceu “nun claro do bosque” e onde o propio espazo natural era a súa “cuarta fachada”.

O actual decano da Facultade, Jorge Falagán, subliñou que a facultade é un edificio “con alma”, grazas ás persoas que traballan e estudan nel: alumnos, profesores e persoal de administración e servizos.

Manuel Reigosa, reitor da UVigo, pola súa banda, fixo referencia ao centro interuniversitario de investigación ECOBAS (Economics and Business Administration for Society), con sede nesta facultade, e que debe aspirar a compararse cos mellores “de Galicia e de España”. “Tócanos sementar para o futuro”, proclamou.

Finalmente, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, catedrático de Teoría Económica desta facultade, puxo en valor a “capacidade” do centro de “democratizar” a educación e os espazos de convivencia.

No acto de celebración do 30 aniversario da Facultade descubriuse un mural para conmemorar esta efeméride, obra do artista Marcos Míguez Puhinger.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...