InicioSociedadeMelloran os datos da Covid na área de Vigo con menos de...

Melloran os datos da Covid na área de Vigo con menos de 50 contaxiados por día

Hai menos contaxios activos e menos presión hospitalaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este xoves pola Consellería de Sanidade reflicten que continúa a evolución positiva da pandemia en Galicia, posto que melloran todos os indicadores. Aínda que os novos contaxios volven estar por encima dos 300, seguen moi por baixo da media de casos da quinta onda. Ademais, a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) continúa sendo inferior ao límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. A situación mellora na área sanitaria de Vigo.

Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 293 negativos máis nas últimas 24 horas, e a presión hospitalaria prosegue lentamente na liña de alivio que viña marcando nos últimos días, con catro pacientes menos ingresados por covid nos hospitais galegos. Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do mércores), nas últimas 24 horas rexistráronse 334 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 329 notificados un día antes.

Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse45 novos contaxios na área de Vigo, que queda con 1.250 infeccións activas, por detrás da Coruña e de Lugo. 

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 53 pacientes en UCI (un máis que nas últimas 24 horas) e 153 hospitalizados en unidades convencionais (tres menos). Por áreas, a presión baixa en Vigo, que mantén a 10 pacientes en críticos pero que conta con tres menos en planta.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...