InicioSociedadeSoben os novos contaxios covid en Vigo

Soben os novos contaxios covid en Vigo

É a única área de Galicia onde soben os casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos de evolución da pandemia de Covid feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade reflicten que, por primeira vez desde principios de xullo, os novos contagios diarios rexistrados caen por baixo dos 300, mentres que a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) é inferior ao límite do 5 % que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do luns), nas últimas 24 horas rexistráronse 269 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 305 notificados un día antes. Os novos contaxios descenden en todas as áreas sanitarias, excepto en Ferrol e Santiago, onde non hai cambios, e en Vigo, onde soben lixeiramente. Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 43 contaxiados na área de Vigo (4 máis).

Os casos activos descenden en todas as áreas, excepto a de Santiago, que experimenta un lixeiro incremento. En Vigo hai 1.391 casos (81 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA


Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas non se rexistraron cambios significativos no que respecta ás unidades de coidados intensivos (UCI), onde están ingresadas 55 persoas con Covid (unha máis que o día anterior). No entanto, os pacientes en unidades convencionais de hospitalización baixaron de 201 a 169. En Vigo hai 11 pacientes en UCI (un menos).

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...