InicioSociedadeA área de Vigo, na que máis baixan os contaxios Covid de...

A área de Vigo, na que máis baixan os contaxios Covid de Galicia

Hai 142 menos que a xornada anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na última xornada produciuse un repunte do número de hospitalizados pola covid-19 en Galicia con dez máis, até os 255, mentres continúa a baixada de casos e de contaxios, con 305, o que supón 87 menos que un día antes. Unha baixada destacada na área de Vigo, que ten 1.472 casos, 142 menos que a xornada anterior.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas de onte domingo, 29 de agosto, hai 255 persoas ingresadas nos hospitais por esta enfermidade, das que 201 atópanse en unidades convencionais, once máis que no sábado, e 54 en UCI, unha menos. Pola contra, a cifra de persoas con infección activa segue en descenso e sitúase en 8.275, o que supón 332 menos. Os contaxios tamén descenden, con 305 fronte aos 392 do día anterior.

Por áreas sanitarias, o descenso de casos é xeneralizado, mesmo nas de Lugo e Santiago onde nos últimos días incrementouse a incidencia polos gromos en Monforte e Ordes, pero o maior recorte rexistrouse na área de Vigo.

A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.737.418, das que 4.342 corresponden á última xornada, e fixéronse 786.925 test de antíxenos e 1.095.062 doutras probas de detección.

ÚLTIMAS

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Unha condutora resulta ferida tras facer un trompo e saírse da vía na VG-20 ao seu paso por Vigo

Unha condutora resultou ferida na tarde deste xoves en Vigo tras saírse da vía...