InicioSucesosArde material e maquinaria nun incendio nunha fábrica do Porriño

Arde material e maquinaria nun incendio nunha fábrica do Porriño

Ao ter constancia, alertouse aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil, á Policía Local, aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio e aos servizos sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Diversa maquinaria e material de obra ardeu, esta madrugada, no interior dunha fábrica de madeira, no concello do Porriño, segundo informa o 112 Galicia.

Pouco antes das 02,00 horas, o servizo de emerxencias recibiu as chamadas de varias persoas particulares que informaban de que había lume dentro dunha nave industrial de madeira do lugar da Cavadiña, na parroquia de Mosende.

Ademais, nas comunicacións cos operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se indicaba que había vivendas preto da zona que podían correr perigo.

Ao ter constancia, alertouse aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil, á Policía Local, aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio e aos servizos sanitarios.

Xunto a estes medios, tamén se facilitou a información aos Bombeiros dos parques de Vigo, do Morrazo e de Ponteareas e a Protección Civil de Mos, para dar apoio nas tarefas de extinción das chamas no lugar.

Horas despois, os Bombeiros do Porriño comunicáronlle aos xestores do 112 que o lume estaba sufocado e que, no interior da fábrica de madeira, arderan varias cintas transportadoras, tres máquinas e diverso material.

Ademais, as chamas tamén afectaron a parte da fachada exterior da edificación e ao teito da mesma sen que houbese que lamentar danos persoais.

ÚLTIMAS

A morte do bombeiro vigués en servizo continúa á espera dos informes

A Audiencia Provincial de Pontevedra ditou un auto no que, entre outras consideracións, apela...

Máis de 20 vehículos de arrendamento con condutor quedan sen licenza en Vigo

O Concello de Vigo acaba de desestimar as solicitudes de licenzas urbanas para vehículos...

Detido en Vigo un ciclista que se negou a facer o test de drogas

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un ciclista de 36 anos de...

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...