InicioSociedadeVigo advirte: non parará ata que Coruxo teña pediatra de novo

Vigo advirte: non parará ata que Coruxo teña pediatra de novo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños de Coruxo tivo ocasión no último pleno vigués para reclamar o servizo de pediatría para este barrio, e non houbo grupo municipal que non apoiase esta iniciativa, dende Marea de Vigo ata Ciudadanos, pasando polo PSOE e a alcaldía. O propio alcalde advertiu de que as mobilizacións continuarán ata solucionar o conflito.

Polo momento, os veciños de Coruxo foron trasladados a Navia, onde dous pediatras sufren unha sobrecarga “de máis de cen nenos cada un”, segundo subliñou Eva Alonso, portavoz da Asociación de Veciños de Coruxo.

Concentración pediatra en Coruxo/ Miguel Núñez

Atreveuse tamén a engadir que “o que queren é o peche do centro de saúde (de Coruxo) por completo”. O alcalde subliñou estas palabras, destacando como este problema afecta a cinco parroquias da cidade olívica, e responsabilizando á Xunta do acontecido.

Para Rubén Pérez (Marea de Vigo), todo o asunto enmárcase “na tónica xeral do que pasa cos servizos sanitarios”, asociándoo á privatización da sanidade. Pola súa banda, a popular Elena Muñoz defendeu “o apoio do PP ao mantemento do servizo de pediatría en Coruxo e do centro de saúde ao completo”, recoñeceu un “problema estrutural de pediatras” e lamentou que o tema está a utilizarse “como unha arma política”.

Concentración pola salvagarda do pediatra en Coruxo/ Miguel Núñez

 

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...