InicioSociedadeA Xunta autoriza a mellora de iluminación do Monte da Guía e...

A Xunta autoriza a mellora de iluminación do Monte da Guía e pide completar documentación sobre a ermida

O informe sinala que o Concello deberá presentar un proxecto de sondaxes arqueolóxicas manuais para valorar o subsolo que resultaría afectado nas actuacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Xunta, autorizou o proxecto de mellora da iluminación do Monte da Guía de Vigo e pediu completar a documentación da proposta relativa á ermida.

En concreto, a resolución especifica que para levar a cabo a actuación exposta polo Concello nos tramos de subida ao Monte da Guía “deberá colocarse un modelo único de luminaria” para “homoxeneizar os valores ambientais deste espazo público”. Así, advirte de que outra elección requiriría a remisión dunha nova proposta á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ademais, sinala que, antes do inicio das obras, o Concello deberá presentar un proxecto de sondaxes arqueolóxicas manuais para valorar o subsolo que resultaría afectado nas actuacións. En caso de atoparse algún resto patrimonial, deberase avisar do mesmo ao órgano autonómico competente.

En canto á iluminación monumental da ermida, requírese que o Concello e a Diocese de Tui-Vigo completen a documentación posto que os proxectos de ambas “resultan incongruentes entre si”. Así, apunta que deberá definirse un novo modelo de luminaria para o espazo peonil situado ao redor da ermida e “adaptado aos valores deste espazo público”.

Tamén deberá realizarse unha nova proposta de reposición de materiais de pavimentación, ademais de reformularse a iluminación monumental deseñada para a ermida e achegarse a suficiente documentación para estimar se a intervención desexada “é compatible coa salvaguardia dos valores culturais deste ámbito de actuación”.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...