InicioVigo e contornaVigoA área de Vigo mantense á cabeza de Galicia con case 3.000...

A área de Vigo mantense á cabeza de Galicia con case 3.000 casos activos

Suma 6 hospitalizados máis nunha soa xornada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 freáronse lixeiramente e descenden a 1.092 en Galicia, o que supón 73 menos que a xornada anterior, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 174, que representan 25 máis que o día pasado. Pola súa banda, os casos activos ascenden a 12.889 –o dobre de hai unha semana– e a taxa de positividade redúcese lixeiramente a un 9%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, recollidos por Europa Press, aumentan a 153 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que supoñen 25 máis que na xornada anterior, e mantéñense en 21 as que se atopan en UCI. Pola súa banda, 12.715 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en seis das sete, entre elas a de Vigo, onde , aumentan a dous os ingresados pola Covid en UCI –un máis– e a 31 os que se atopan noutras unidades de hospitalización –cinco máis–. As cifras seguen sendo de menor gravidade que as rexistradas na Coruña-Cee ou Santiago.

DOBRE DE CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 ascenden por vixésimo oitava xornada consecutiva ata os 12.889, que representan 852 máis que o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (1.092) que altas (240). Con respecto a fai sete días, as infeccións activas supoñen o dobre, xa que o pasado mércores 14 de xullo había 6.298 no conxunto da Comunidade galega.

Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse en todas, de maneira máis acusada na de Vigo (+202); seguida da de Pontevedra e O Salnés (+157); Santiago e Barbanza (+125); A Coruña e Cee (+120); Lugo (+102); Ourense (+95); e Ferrol (+51).

Deste xeito, a área sanitaria de Vigo mantense á cabeza con 2.909 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 2.258; A Coruña e Cee, con 2.214; Ourense, con 2.181; Santiago e Barbanza, con 1.580; Lugo, con 1.241; e Ferrol continúa á cola como a única por baixo do milleiro, con 506. Todo despois de que a área olívica rexistrara o maior número de novos cacsos da xornada: 260 fronte os 227 de Pontevedra.

A nivel galego, e en canto á taxa de positividade das PCR, volve reducirse e baixa a un 9,3% tras caer ao 10,9% o día anterior despois de arrincar esta semana nun 13%. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...