InicioPolíticaO PSOE de Cangas dá por roto o pacto de goberno

O PSOE de Cangas dá por roto o pacto de goberno

A rexedora anunciou a destitución de dous do catro concelleiros do PSOE que formaban parte do goberno local xunto a Alternativa Canguesa de Esquerdas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cangas do Morrazo, Eugenio González, deu por roto o pacto polo que esta formación se integraba no goberno local despois de que a alcaldesa, Vitoria Portas, de Alternativa Canguesa de Esquerdas. (ACE), anunciase o seu cesamento e o da concelleira Pilar Nogueira.

Así se pronunciou despois de que a rexedora anunciase a destitución de dúas do catro concelleiros do PSOE que formaban parte do goberno local xunto a ACE por unha “perda de confianza” derivada dunhas obras de explanación levadas a cabo na praia de Rodeira para acoller unha proba deportiva e que foron paralizadas preventivamente pola Xunta ante unha posible afectación a unha especie de arbusto protexida. Mentres, a rexedora afirmou que as outras dúas edilas socialistas, Sagrario Martínez e Ingrid Loredana, podían continuar como parte do goberno local.

Con todo, este martes, o portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cangas explicoumque deu por roto o pacto de goberno. “Nós entendemos que, se nos cesa a dous concelleiros, os outros dous veñen connosco porque o PSOE é un grupo municipal de catro”, resolveu.

Así as cousas, augurou que Portas será “a alcaldesa máis efémera de Cangas” e acusouna de “non contar” cos socialistas “nin coa súa propia coalición” para a xestión municipal, mentres que, co seu predecesor, Xosé Manuel Pazos, “había un goberno de varios partidos”.

Así mesmo, reprobou que a alcaldesa o cesase a el e a outra concelleira socialista pola execución dos traballos realizados en Rodeira a pesar de que “asinou ela” a autorización para permitir o acceso da maquinaria á praia e “xestionou o procedemento”.

En concreto, Xosé Manuel Pazos (ACE) foi reelixido alcalde de Cangas tras as eleccións de 2019 con apoio do PSOE, co que gobernou. Tras o seu falecemento, que tivo lugar o pasado mes de xaneiro, Vitoria Portas (ACE) foi elixida como a súa sucesora co apoio dos concelleiros socialistas, o que permitiu conformar un goberno local con catro edís de cada unha de ambas as formacións.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...