InicioSucesosDesarticulan un grupo dedicado ao furtivismo de percebe entre o Baixo Miño...

Desarticulan un grupo dedicado ao furtivismo de percebe entre o Baixo Miño e Val Miñor

Segundo os cálculos realizados, as incautacións ao grupo ascenderon a máis de media tonelada de percebes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Seis persoas foron detidas e outro catro permencen investigadas como presuntos membros dun grupo criminal dedicado á extracción ilegal de percebe en catro municipios costeiros do sur de Pontevedra.

A desarticulación deste grupo foi o colofón a medio ano de investigacións articuladas desde o posto principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán en colaboración coas confrarías de pescadores de Baiona e Garda.

Os detidos, aos que se lle imputan delitos de pertenza a organización criminal e de protección á flora e a fauna, conformaban unha rede dedicada ao furtivismo de percebe que operaba nos municipios pontevedreses de Nigrán, Baiona, Oia e A Guarda.

As investigacións que derivaron na bautizada como operación ‘Rasqueta II’ iniciáronse fai seis meses ante o aumento do furtivismo de percebe na costa sur da provincia pontevedresa tras as denuncias realizadas polas confrarías de pescadores, que alertaban, ademais dos efectos sobre os profesionais do mar, do perigo para a saúde pública pola comercialización destes produtos sen controis sanitarios.

As pescudas, desenvolvidas en colaboración coas confrarías, levaron á análise das actas de incautación levadas a cabo durante os últimos anos. Esta información levou á identificación dos integrantes do grupo e tamén a determinar que roles desempeñaban dentro da organización e que vehículos e medios materiais empregaban.

Segundo os cálculos realizados, as incautacións ao grupo ascenderon a máis de media tonelada de percebes. Ademais, as contías que deben á Xunta en concepto de sancións elévanse a 520.000 euros.

10 PERSOAS

O grupo está formado por dez persoas, veciños de Baiona, Nigrán, Oia, Tui e Vigo. Todos eles contan con “amplos” antecedentes e dedicábanse exclusivamente á extracción de marisco furtivo.

As investigacións déronse por concluídas nos últimos días coa detención dos dous principais responsables do grupo, interceptados no centro urbano de Baiona montados nun vehículo e un ciclomotor despois de ser detectados faenando na costa de Oia.

No interior do turismo había útiles e ferramentas que utilizaban para a extracción ilegal de percebe: un capacho, un traxe de neopreno mollado, unha funda estanca para teléfono móbil e lentes de mergullo.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...