InicioDetectados varios vehículos sen seguro ou sen pasar a ITV en Tui

Detectados varios vehículos sen seguro ou sen pasar a ITV en Tui

Estas sancións están dentro dun operativo levado a cabo pola Policía Local do municipio para combrobar o mantemento e a documentación obrigatoria dos coches.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui coordinou, entre os meses de xaneiro e xuño, controis policiais de Seguridade Cidadá e Tráfico, organizados en diferentes puntos do centro urbano do municipio. O obxectivo era comprobar o adecuado mantemento de vehículos, motocicletas e ciclomotores e que estes tiveran toda a documentación obrigatoria para poder circular.

Ademais, a Policía Local de Tui intensificou a vixilancia do uso do cinto e de dispositivos móbiles, así como o control sobre o risco que supón o consumo de alcohol e drogas para a condución.

Nas máis de 200 sancións impostas, comprobáronse os datos de centenares de vehículos nos controis efectuados polos axentes locais este ano, dos cales se propuxeron para sanción 134 vehículos por circular coa ITV caducada, desfavorable ou negativa, 47 propostas para sanción por carecer de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, 17 denuncias por conducir con presenza de drogas no organismo e 5 denuncias por alcoholemias positivas, alcanzando algunhas destas últimas un resultado superior a 0,60 mg/ l de aire expirado, constituíndo un delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...