InicioSociedadeSoben os casos na área de Vigo, aínda que baixa a presión...

Soben os casos na área de Vigo, aínda que baixa a presión hospitalaria

Xa non hai pacientes na unidade de críticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 ascenden por sétima xornada consecutiva en Galicia e sitúanse en 1.673, mentres que os novos contaxios repuntan a 162, que supoñen 41 máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus aumentan en global a 54, aínda que os ingresados en UCI baixan a 10 –dous menos–.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes –29 de xuño–, a área de Vigo queda sen pacientes críticos –a xornada pasada contaba cun– e segue cun ingresado noutra unidade.

CASOS ACTIVOS EN ASCENSO

No relativo aos casos activos de Covid-19 por sétima xornada consecutiva increméntanse e sitúanse en 1.673 no conxunto de Galicia, 94 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (162) que altas (68). Por tanto, a piques de acabar xuño mantéñense en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan na de Vigo (+29) que ten  285 casos activos.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba mantéñense desde o pasado xoves por encima dos 120 e, tras arrincar esta semana con 123 e descender lixeiramente a 121 o día pasado, repuntan a 162, que supoñen 41 máis que a xornada anterior, deles 31 corresponden a área de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...