InicioSociedadeA asociación veciñal de Teis reclama que Goberno e Concello melloren a...

A asociación veciñal de Teis reclama que Goberno e Concello melloren a zona da praia da Punta

A entidade propuxo acondicionar unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público e o peirao situado xunto á praia, así como a torre de vixilancia, que se atopa "moi deteriorada".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis, en Vigo, urxiu a mellora da contorna da praia da Punta mediante senllos escritos dirixidos á Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar e o Concello olívico.

Nun comunicado, denunciou o “incumprimento” do acordo alcanzado por estas institucións en 2019 para avanzar en cinco proxectos que recuperasen a fachada marítima da cidade e entre os que se incluían actuacións na praia da Punta que criticou que non se acometeron.

Deste xeito, puxo o foco nas “deficiencias” observadas na rampla de acceso, a torre de vixilancia e o paseo marítimo, así como no “problema de espazo” xerado no areal cando sobe a marea.

Fronte a iso, a entidade propuxo acondicionar unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público e o peirao situado xunto á praia, así como a torre de vixilancia, que se atopa “moi deteriorada”. Ademais, apostou por realizar estudos técnicos que avalen a construción dun espigón para recuperar area na praia.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...