InicioSucesosMorre un motorista de 41 anos nunha colisión contra un coche en...

Morre un motorista de 41 anos nunha colisión contra un coche en Redondela

Resultaron feridas as dúas ocupantes do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista de 41 anos, S.C.D., faleceu este sábado nunha colisión contra un coche na estrada N-550 ao seu paso polo municipio de Redondela (Pontevedra).

Segundo informa o 112 Galicia, no accidente resultaron feridas as dúas ocupantes do turismo, unha dos cales necesitou ser excarcerada por medios de intervención. O 061 indica que se trata de dúas mulleres de 23 e 26 anos.

Varias testemuñas chamaron pouco antes das 17,00 ao 112 para avisar dun choque entre unha moto e un vehículo no punto quilométrico 141 da N-550. Foron avisados, entre outros, Bombeiros do Porriño, axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Nacional de Redondela, o 061 –desprazáronse tres ambulancias– e servizos de mantemento de estrada.

O motorista faleceu no punto, mentres que os dous feridos foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...