InicioPolíticaPontón carga contra que Abel Caballero e Feijóo polas súas leas sobre...

Pontón carga contra que Abel Caballero e Feijóo polas súas leas sobre o futuro industrial de Vigo

A líder do BNG propón un Plan Galego da Automoción, apoio público aos estaleiros e unha estratexia de localización, entre outras medidas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou este venres a “confrontación estéril” entre o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que deberían estar “a cooperar lealmente” para frear a crise industrial desta comarca, e expuxo varias propostas para apontoar o futuro dun dos “pulmóns” económicos de Galicia.

Así o trasladou tras manter unha reunión en Vigo con delegados sindicais de sectores como a automoción ou a construción naval, e advertiu de que hai problemas nestes ámbitos que, “lonxe de solucionarse, están a agravarse coa crise da Covid”.

A líder nacionalista incidiu en que non hai plans para adaptar a industria á transformación da automoción, nin “proxectos de calado” para aproveitar os fondos Next Generation e “deixar atrás o declive industrial” de Vigo e a súa área. Á marxe disto, recalcou que o “principal problema da industria de Vigo é político”.

A ese respecto, censurou a “confrontación constante e estéril” entre o alcalde e o presidente da Xunta, que “deberían estar a traballar man a man, cooperando lealmente para sacar a Vigo desta crise”. “O paroxismo desta confrontación vímolo coa guerra do izado da bandeira azul (en Cíes). Mentres nos teñen entretidos con estas batalliñas de bandeiras, quen paga as consecuencias son os cidadáns”, apuntou.

PROPOSTAS

Fronte a esta situación, Ana Pontón expuxo as propostas do BNG para apontoar o futuro industrial da comarca, e que pasan por crear unha mesa da automoción, que desemboque na elaboración dun Plan Galego de Automoción; unha aposta por novos proxectos, tras ver que “se tira a toalla” con respecto á planta de baterías; ou medidas para evitar a deslocalización de empresas.

“Cal é a proposta económica de Feijóo para esta cidade? Ningunha”, proclamou, á vez que reclamou unha “tarifa eléctrica galega” para incentivar os investimentos e implantación de empresas, e medidas para fortalecer a formación dos traballadores.

Con respecto ao naval, Pontón advertiu de que “hai que sacar do pozo” dous estaleiros emblemáticos, como son Barreras e Vulcano, que necesitan “apoio público”, e reclamou unha aposta pola implantación na ría dun centro de reparacións navais.

ÚLTIMAS

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e advirte a Caballero polas súas críticas políticas nun acto municipal

A fronteira entre a información institucional e a confrontación política volve situarse no centro...

Unha maleta chea de armas en Peinador destapa unha rede que fornecía pistolas a narcotraficantes das Canarias

Unha maleta aparentemente convencional, un pasaxeiro disposto a embarcar e un cargamento de armas...

Os Tedax acoden ao Cunqueiro por unha maleta abandonada que tiña roupa

Axentes da Policía Nacional especializados na desactivación de artefactos explosivos (Tedax) desprazáronse na mañá...

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...