InicioMedio Ambiente e PatrimonioComezan as visitas guiadas gratuítas por Oia: mañás, tardes ou noites na...

Comezan as visitas guiadas gratuítas por Oia: mañás, tardes ou noites na natureza

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Costa dos Castros programa do 25 de xullo ao 16 de setembro unha serie de visitas guiadas gratuítas co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos do patrimonio cultural e natural de Oia e, ao mesmo tempo, dinamizar o turismo na zona.

As visitas desenvolveranse de mércores a domingo e permitirán coñecer diversos enclaves arqueolóxicos, de valor histórico e natural do municipio de Oia. Os mércores ás 12.30 horas haberá itinerarios guiados no castro e petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados e domingos a ruta será a esa mesma hora polo barrio do Arrabal, na contorna do Mosteiro de Oia.

Como novidade deste ano, os xoves ás 19.00 horas faranse visitas ás Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental de Europa que, ademais, forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Como complemento a estas actividades diúrnas, os venres e sábados haberá visitas guiadas nocturnas: os venres serán aos petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados a proposta consistirá en descubrir os gravados de Auga dos Cebros á luz das lanternas.

Estas dúas actividades desenvolveranse ás 22.30 horas e teñen prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente no número de teléfono 689.35.57.13 ou no correo electrónico costadoscastros@gmail.com.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...