InicioCulturaPortugal celebra en Monção a súa repostaría tradicional coa III Festa da...

Portugal celebra en Monção a súa repostaría tradicional coa III Festa da Rosca e do Papudo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A III Festa da Rosca e do Papudo realízase este domingo, 15 de xullo, na praza Nosa Señora dos Milagres, parroquia de Cambeses, concello de Monção. A iniciativa, promovida pola Xunta da Freguesía de Cambeses con apoio do goberno autónomo monçanense, ten como finalidade a divulgación e promoción daquel doce tan típico na localidade.

Roscas/ Municipio de Moncao

Alén das probas de viños dos rótulos producidos na freguesía (Cortinha Vella, Milacrus e Trinta Raios), a III Festa da Rosca e do Papudo, con abertura prevista para as 9:45 horas, engloba o workshop “A Rosca” e a actuación dos grupos “Sons do Gadanha”, de Moreira, “Cantares do Alvarinho”, de Troviscoso, e “Os Teimosos”, de Cambeses.

Roscas/ Municipio de Moncao

A preparación das roscas e papudos acompaña o andar do tempo, pasando de xeración en xeración. A masa é feita con fariña triga e auga, á cal se xunta manteiga, azafrán, fermento, sal e azucre, ficando a levedar durante dúas a tres horas.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...