InicioSociedadeXulgan a un acusado de quedar co diñeiro da venda dun piso...

Xulgan a un acusado de quedar co diñeiro da venda dun piso duns familiares de Venezuela

A Fiscalía pide case tres meses de cárcere.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 2 anos e 8 meses de cárcere para un acusado dun delito de apropiación indebida, tras quedar co diñeiro da venda dun piso duns familiares que residen en Caracas (Venezuela) e ocultarlles a operación.

O acusado, que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, é primo terceiro dos propietarios do inmoble, situado na cidade olívica. Trátase dun piso que os prexudicados recibiron como herdanza e, para poder vendelo, outorgaron ao acusado un poder a través do Consulado de España en Caracas.

O primo procedeu á venda do inmoble por 45.000 euros (aínda que o seu prezo de tasación era de algo máis de 113.000 euros) en 2013, pero por problemas de documentación, a vivenda non foi inscrita ata outubro de 2014.

O acusado ocultou aos seus familiares a venda e, guiado por un ánimo de enriquecemento ilícito, apoderouse do diñeiro que recibira. Consta que o procesado abonou antes e despois da venda diversos gastos relacionados coa mesma (2.607, 89 euros, 459,10 euros e 474,18 euros en concepto de gastos de cotas e derramas previas da Comunidade de propietarios; 1.350 e 247,21 euros para impostos; e 800 euros para gastos de Notaría). O día 12 de agosto de 2016 ingresou 7.000 euros a favor dun dos prexudicados.

O ministerio público considera estes feitos constitutivos de delito de apropiación indebida, e pide para o acusado 2 anos e 8 meses de prisión. Tamén reclama que devolva aos seus curmáns os 45.000 euros ou o que reste por pagarlles da venda, así como a diferenza entre ese prezo e o valor de tasación da vivenda.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...