InicioEconomía"O convenio do metal é unha merda e chegou a hora da...

“O convenio do metal é unha merda e chegou a hora da verdade”

Centos de persoas claman en Vigo pola "salvación" do metal e do naval. A plataforma convocante chama a "espertar e loitar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 500 persoas percorreron este xoves as rúas de Vigo, convocadas pola Plataforma de Traballadores do Metal para reclamar a “salvación ” do sector e, dentro desta industria, da construción naval e a industria auxiliar.

Os participantes na marcha, que percorreron o centro da cidade desde Praza de España ata a delegación da Xunta, corearon consignas como ‘o metal está en loita’, ‘convenio do metal, traizón sindical ‘, ‘Vulcano non se vende, Barreiras solución ‘ ou ‘Menos dinosetos e máis estaleiros’ .

Na manifestación participaron, ademais de traballadores de estaleiros e outras empresas da ría, tamén representantes do persoal de Navantia Ferrol. Ao final do percorrido, tomou a palabra o presidente do antigo comité de Vulcano, Nicolás Sangabriel, que proclamou que o convenio do metal “é unha merda” e “chegou a hora da verdade”.

Pola súa banda, o veterano Guillermo Fontán ( extraballador da desaparecida Ascón) subliñou que esta loita está chea de razóns históricas, económicas e sociais”. Na mesma liña, Xaquín García (CXT), do comité de Navantia Ferrol, pediu unha “rebelión social da clase traballadora” e un sindicalismo “combativo e anticapitalista”.

“ESPERTAR E LOITAR”

O portavoz da Plataforma, José Calvar, incidiu na situación de “depresión” desta industria, na perda de empregos e precarización laboral. No entanto, fixo un chamamento a “espertar e loitar polo futuro”.

Así, reivindicou a forza do movemento obreiro, á marxe de políticos e sindicatos, e instou aos traballadores a “levantar a cabeza”.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...