InicioEconomíaStellantis Vigo suspende parte da súa actividade tres días máis e prolonga...

Stellantis Vigo suspende parte da súa actividade tres días máis e prolonga a parada na montaxe de furgonetas

A 'crise dos microchips' segue golpeando a factoría de Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá a súa produción no sistema 1 –que monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301-– nas xornadas deste venres, domingo e luns. Mentres, prolongará a parada no sistema 2 –que monta as furgonetas— “polo menos” ata o luns 7, incluído.

Así o comunicou este martes a dirección da empresa ao persoal do centro de Vigo, que lembrou que esta situación é debida aos problemas de aprovisionamento de certos compoñentes, como consecuencia da denominada ‘crise dos microchips’.

O sistema 1 renovou a súa produción o pasado sábado, tras nove días parado. Pola súa banda, o sistema 2 leva sen actividade desde o xoves día 20; de forma que, aínda que se prevía que podería renovar a súa produción este venres, finalmente encara unha vintena de días paralizado, sen data segura de volta á actividade.

Os problemas de subministración, que están a afectar a plantas de automoción e outras actividades industriais en todo o mundo, obrigaron a suspender a produción en Stellantis Vigo en varias ocasións desde principios de ano. De feito, nas últimas semanas as paradas foron habituais na factoría de Balaídos.

A planta viguesa aprobou a finais de marzo pasado a aplicación dun ERTE (do que se desmarcaron os sindicatos CIG e CUT) para xestionar esta situación. A regulación afecta a traballadores fixos a tempo completo que esgotasen outros mecanismos de flexibilidade, como a adecuación de xornada ou a bolsa de horas, por un máximo de 60 días e ten vixencia ata final deste ano.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...