InicioCampións mundias no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade

Campións mundias no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade

Celebrarase este domingo nas parroquias tudenses de Randufe, Malvas e Pexegueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis dun centenar de piloto participará este domingo, 30 de maio, noXI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade, organizado polo Motoclub Randufe e o Motoclub A Peroxa.

Esta competición, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentada na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, o presidente e vicepresidente do Motoclub Randufe Adolfo Pereira e Andrés Urseira, e o presidente do Motoclub A Peroxa e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a gratitude do concello “polo esforzo que implica organizar un evento coma este”. Engadía que esta proba “enriquece o calendario deportivo da Eurocidade, e da contido a este proxecto”.  Asumiu amais publicamente o compromiso de saldar a débeda que teñen co Motoclub Randufe para poder materializar urbanisticamente o circuíto en Randufe.

O vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, manifestou a súa satisfacción por participar nesta presentación por dobre motivo. Por unha banda porque as asociación continúan organizando actividades e porque a “Eurocidade mantense viva e forte” apuntando que “facemos un esforzo para que a axenda cultura e deportiva se manteña”.

O presidente do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira, salientou que o Enduro Cidade de Tui é a proba máis veterana deste deporte que se celebra en Galicia. Explicou que constará dun percorrido de 34 quilómetros polas parroquias de Randufe, Malvas e Pexegueiro, e contará con dous tramos cronometrados en Randufe e Chan da Misuela.  Pola súa parte o vicepresidente do Club, Andrés Urseira, agradeceu que esta competición forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença. Sinalou o “efecto turístico e difusor da Eurocidade” que ten esta proba, indicando que vivir na Eurocidade é unha fortaleza que temos que aproveitar.

LIMITACIÓNS

As condicións actuais coas limitacións derivadas da pandemia provocan que este ano non se poida chegar á cifra de 300 participantes doutras edicións, pero si haberá máis dun centenar en competición entre os que estarán os galegos Pedro Gonzalo ou Enrique  Vega, e posiblemente tamén participe Sergio Navarro, actual campión do Mundo junior.

O parque pechado estará situado en Chan do Carrasco. Os pilotos tomarán  a saída, cunha diferenza dun minuto, a partir das 11 h.  Estímase que os primeiros poderán chegar a Malvas sobre as 12 h. A categoría senior realizará tres voltas ao circuíto até completar  126 quilómetros. Haberá dous tramos cronometrados. O público, con todas as medidas de seguridade, poderá ver a proba en Randufe ou Malvas, e tamén na estrada Tui-Gondomar, onde hai unha trialeira nunha zona empedrada e complexa.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...