InicioSociedadeA Universidade de Vigo, entre as 500 mellores do mundo en 14...

A Universidade de Vigo, entre as 500 mellores do mundo en 14 categorías

Destaca a posición que ocupa en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, no posto 51.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2021, coñecido como ‘Ranking de Xangai by Subject’, sitúa a Universidade de Vigo (UVigo) entre as institucións de referencia en 14 categorías, dúas máis que no ano anterior, segundo informou a universidade viguesa.

Así, destaca a posición que ocupa en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, no posto 51 (empatada a puntos con outras 24 institucións). Ademais, inclúese por primeira vez como unha das 500 universidades referentes nos ámbitos de Educación e de Farmacia e Ciencias Farmacéuticas; e volve estar presente con Enxeñaría Civil entre as 300 mellores institucións. No entanto, a UVigo deixa de ter presenza na categoría de Ciencias e Enxeñaría da Enerxía.

En concreto, a universidade viguesa en Oceanografía sitúase entre as 150 mellores; en Xestión Turística, Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría Civil entre as 300 mellores; en Ecoloxía, Ciencias Atmosféricas, Enxeñaría Eléctrica e Electrónica, entre as 400 mellores; e en Ciencias da Terra, Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Ciencias Agrícolas, Educación e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas entre as 500 mellores.

Estes datos supoñen que a universidade viguesa mellora en Ecoloxía, que pasa do bloque das 500 ao das 400 mellores; mentres que descende en Oceanografía (do bloque de 76-100 ao de 101-150), en Enxeñaría de Telecomunicación (do 151-200 ao 201-300) e en Enxeñaría Química (do 301-400 ao 401-500).

Sobre os descensos rexistrados na última clasificación do ‘Ranking de Xangai by Subject’ –que avalía ás universidades do mundo por ámbitos de investigación–, a vicerreitora de Investigación da UVigo, Belén Rubio, manifestou que “as baixadas poden ser conxunturais e haberá que examinalas a máis longo prazo”.

En todo caso, subliñou que a clasificación da universidade “é relevante e moi positiva, en comparación cos anos precedentes” e “tendo en conta que aínda é unha universidade nova e cun financiamento modesto”. Neste sentido puxo en valor que os datos “reflicten a boa saúde da institución na investigación máis punteira en cada un dos seus campus”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...