InicioSucesosOperativo antidroga en Vigo, Poio e Pontevedra

Operativo antidroga en Vigo, Poio e Pontevedra

Efectivos da Policía Nacional realizaron varios rexistros e polo menos 10 detencións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Nacional realizaron varios rexistros e polo menos 10 detencións nas localidades de Vigo, Poio e Pontevedra, no marco dun operativo contra o tráfico de drogas, segundo informaron fontes coñecedoras da investigación.

Así, desde primeira hora da mañá produciuse un amplo despregamento policial en varios puntos destas localidades, entre eles a parroquia viguesa de Teis, con varios rexistros en vivendas da Avenida de Galicia, á altura do número 104 e tamén nun inmoble situado no número 150 desa mesma rúa.

Neste operativo, que se desenvolveu contra o menudeo de drogas, producíronse unha decena de detencións, unha delas precisamente na vivenda do 150 de Avenida de Galicia, onde foi arrestado un home e onde os axentes rexistraron tanto o domicilio como un vehículo que estaba aparcado fronte á vivenda.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...