InicioMedio Ambiente e PatrimonioO proxecto de EnergyLab e Arvi 'Inertimar', sobre eliminación de parásitos, presenta...

O proxecto de EnergyLab e Arvi ‘Inertimar’, sobre eliminación de parásitos, presenta este venres os seus resultados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Inertimar, de EnergyLab e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), celebrará a súa xornada final este venres, na que presentará os seus avances no deseño dun equipo de tratamento de vísceras para a eliminación sustentable de parásitos da pesca aproveitando a calor residual dos motores dos barcos.

Segundo avanzaron os promotores da iniciativa, na xornada participarán o presidente de Arvi, Javier Touza; o responsable do departamento de I+D de Arvi, Jorge Romón; e o director xerente de EnergyLab, Fernando Val, entre outros expertos.

En concreto, neste evento presentaranse os resultados e conclusións de ano e medio de traballo no marco deste proxecto, que contou co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

O acto celebrarase o venres na sede de Arvi, en Vigo, a partir das 10,00 horas, aínda que poderá seguirse de forma telemática. As persoas interesadas en asistir, deberán inscribirse previamente na páxina web da Cooperativa de Armadores.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...