InicioSociedadeInaugurada a Escola Aberta de Formación Permanente da UVigo para articular a...

Inaugurada a Escola Aberta de Formación Permanente da UVigo para articular a súa oferta de estudos propios

Mediante esta Escola a universidade busca a súa apertura á sociedade "mediante unha oferta de títulos propios coordinada, de calidade e adaptada á demanda".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) presentou a súa Escola Aberta de Formación Permanente (EAFP), na que se xestionará “toda a oferta de estudos propios” da institución para complementar os estudos oficiais.

O acto celebrouse este mércores en Vigo, onde o reitor, Manuel Reigosa, destacou que esta iniciativa, cuxa posta en marcha era un eixo estratéxico recolleito no programa do actual equipo de goberno e cuxa creación foi aprobada en outubro polo Claustro, “é unha xanela aberta ao futuro”.

Así, mediante esta Escola a universidade busca a súa apertura á sociedade “mediante unha oferta de títulos propios coordinada, de calidade e adaptada á demanda”, de forma que se evite “a dispersión tanto organizativa como normativa, decisoria e de xestión dos ensinos non oficiais da institución”.

Este centro, que estará encabezado pola profesora María José Moure, ofrecerá programas educativos que favorezan a empregabilidade, a reciclaxe profesional e a promoción laboral das persoas traballadoras; e atenderá tamén as necesidades formativas do persoal docente e investigador (PDI) da UVigo e os programas de actualización docente.

Moure remarcou que a formación continua “é clave”, un marco no que esta escola “nace como unha ligazón entre os axentes que demandan esa formación continua, tanto persoas como empresas ou asociacións, e a Universidade de Vigo”.

Segundo manifestou, esta escola ofrecerá formación aberta –diríxese tanto a membros da comunidade universitaria como a persoas externas–, progresiva –ofertará distintos tipos de títulos–, e flexible –-cada estudante decidirá que quere estudar, dependendo do seu tempo, intereses e capacidade económica–.

PROPOSTAS

A escola tamén acollerá formación gratuíta a través de cursos en liña masivos e abertos (MOOC) e apostará por incorporar másteres propios, “un tipo de titulación cada vez máis presente nas universidades pero que a UVigo aínda non oferta”.

A este respecto, a universidade adiantou que na actualidade está a traballarse en varias propostas e nunha normativa para ofertar este tipo de formación, co que espera que a norma se poida levar ao próximo Claustro “en xuño ou xullo”.

Finalmente, no acto de presentación ante os medios de comunicación, celebrado este mércores, o reitor tamén avanzou que o evento de inauguración da sede institucional da UVigo no Berbés celebrarase o vindeiro luns 31 de maio.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...