InicioSociedadeO Hospital Álvaro Cunqueiro pon en marcha unha nova unidade de Imaxe...

O Hospital Álvaro Cunqueiro pon en marcha unha nova unidade de Imaxe Cardíaca interdisciplinar

A nova unidade conta con radiólogos, cardiólogos, persoal técnico e de enfermaría; ademais, está dotada cun TAC e unha resonancia magnética.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo puxo en marcha unha nova unidade de Imaxe Cardíaca interdisciplinar, coa que se converte “no primeiro hospital de Europa que conta cun sistema de imaxe avanzada cardiolóxica co máximo nivel de integración”.

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que indicou que esta unidade ten como obxectivo incrementar a eficiencia e calidade dos estudos de imaxe avanzada cardiovascular, así como ampliar a capacidade diagnóstica das patoloxías cardíacas, para o que incorpora especialistas dos servizos de Cardioloxía e Radiodiagnóstico.

O xerente do Sergas, José Flores, destacou que “este hospital xa é un centro sanitario de referencia en Imaxe Avanzada Cardiovascular tras a adquisición de tecnoloxía sanitaria innovadora que permite, grazas a ferramentas como a intelixencia artificial, a integración de todas as súas probas de imaxe nunha única plataforma“.

A nova unidade conta con radiólogos, cardiólogos, persoal técnico e de enfermaría; ademais, está dotada cun TAC e unha resonancia magnética, e a imaxe xerada intégrase nunha única plataforma dixital accesible desde calquera punto dos servizos de Cardioloxía e Radioloxía. A previsión é que se realicen uns 5.000 estudos diagnósticos ao ano.

Pola súa banda, o xefe do servizo de Radiodiagnóstico, Xan Vieito, explicou que a nova tecnoloxía adquirida “permite atender a demanda de calquera tipo de estudo, con independencia do estado ou a condición do paciente, aínda que presente ritmo irregular ou frecuencias altas”.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...