InicioSucesosSete feridos nunha colisión múltiple en Mos

Sete feridos nunha colisión múltiple en Mos

O 112 trasladou o aviso ao 061, Bombeiros do Porriño e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sete persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple na que se viron implicados cinco turismos e un camión, á altura do municipio de Mos.

O sinistro rexistrouse sobre as 14,30 horas, á altura do punto quilométrico 14 da A-55 en sentido Tui. O 112 trasladou o aviso ao 061, Bombeiros do Porriño e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

En total, sete persoas resultaron feridas de carácter leve, polo que foron trasladadas ao Hospital Fátima. Así mesmo, alertouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas e Protección Civil de Mos.

ÚLTIMAS

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...