InicioSucesosMorre un condutor ser carné tras chocar co seu coche cun camión...

Morre un condutor ser carné tras chocar co seu coche cun camión formigoneira en Tomiño

Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar a vítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu no mediodía deste venres ao chocar frontalmente o coche sen carné no que circulaba contra un camión formigoneira, cuxo ocupante resultou ileso, no concello de Tomiño.

Segundo informou o 112 Galicia, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregasen o material de excarceración para liberar a vítima, que quedou atrapada no interior do vehículo.

O sinistro produciuse á altura do punto quilométrico 1 na estrada PO-344, sobre as 12,30 horas deste venres, indicaron as mesmas fontes.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente e, tras ter constancia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

ÚLTIMAS

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...