InicioSociedadeA CIG concentrarase este mércores fronte á fábrica de PSA Citroën "en...

A CIG concentrarase este mércores fronte á fábrica de PSA Citroën “en defensa do dereito á conciliación familiar e laboral”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG desenvolverá unha concentración este mércores 11 diante de Citroën en Vigo ás 13:30 horas “para rexeitar os atrancos da empresa á hora de conciliar a vida laboral e familiar”.

Segundo explicaron en rolda de prensa a responsábel do sector da automoción da CIG-Industria de Vigo, María Xosé García, e a técnica de Igualdade da central, Ester Mariño, “a protesta ten lugar no marco da campaña nacional da Secretaría das Mulleres para visibilizar e combater a discriminación das traballadoras”.

Optaron nesta primeira fase por poñer o acento sobre a conciliación laboral e familiar, e en particular no dereito á redución de xornada, unha cuestión que afecta maioritariamente ás mulleres, xa que arredor do 95% dos traballadores que deciden acurtar o seu tempo de traballo para o coidado de persoas dependentes (fillos, maiores, discapacitados ou enfermos) son mulleres.

A CIG anuncia a concentración/ CIG

O feito de terse escollido Citroën en concreto para iniciar a campaña cunha mobilización diante das súas instalacións en Vigo responde ao que definen como “acordo aberrante” asinado no seu día “por unha empresa destas dimensións” e polos sindicatos SIT-FSI, CCOO e UGT “que limita o goce deste dereito por parte do cadro de persoal, xa que impide que os beneficiarios poidan escoller a porcentaxe que desexan reducir”.

“Isto supón que es trasladado para a quenda de noite cunha bolsa de horas complementarias, polo que sabes a que hora entras pero non cando saes”, subliñan dende o comité de empresa.

Segundo a CIG, na última revisión do acordo incluíronse os casos de violencia de xénero “establecendo unicamente a posibilidade de reducir a xornada, cando se trata dun dereito establecido na propia lei. Parécenos inconcibíbel que haxa sindicatos que se presten a avalar este tipo de acordos”.

Por todo isto, a central do sindicato optou por presentar unha demanda de conflito colectivo contra a empresa e os sindicatos que consideran como “colaboradores necesarios” ao entender que con este tipo de acordos as compañías limitan o dereito á redución de xornada. O xuízo derivado desta denuncia dirimirase no xuízo que se celebrará este luns 16 nos Xulgados de Vigo a partir das 12:00 horas.

“Molesta que as persoas concilien”

Segundo sinalaron dende a CIG, “ás empresas “moléstalles que as persoas poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, polo que fan todo o posíbel por poñer atrancos a este dereito”. Neste senso, censuraron que “é moi habitual que as traballadores se atopen con moitos problemas á hora de gozar deste dereito”.

En concreto, citaron casos como os de Pescanova na Coruña (acordo que a CIG tamén levou ao Xulgado e que está pendente de xuízo), Froiz (con prácticas que limitan este dereito) ou o grupo Inditex (que o denega por sistema, “xa que non poden asumir que as persoas escollan o seu horario”).

Con todo, indicaron que a situación é aínda moito peor nas empresas de menos de 250 traballadores, “xa que non están obrigadas por lei a ter un comité de igualdade”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...