InicioPolíticaO BNG pedirá no pleno a total "recuperación do sistema sanitario público"

O BNG pedirá no pleno a total “recuperación do sistema sanitario público”

Di que a situación é "especialmente grave na atención primaria", onde segue "a xeneralización da atención telefónica e con gravísimas listas de espera".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG levará ao próximo pleno do Concello de Vigo, que se celebra este mércores, unha moción para demandar “a plena recuperación do sistema sanitario público” na área viguesa, o que entende que pasa por dotalo de máis profesionais sanitarios, mellorar as infraestruturas, apostar pola investigación e aumentar as categorías profesionais, entre outras cuestións.

O portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou esta iniciativa nunha rolda de prensa celebrada este martes, na que indicou que na rede sanitaria pública “existían importantes dificultades” previas ao covid-19, que “se acabaron por agravar” coa pandemia.

Así, considerou que esta situación está “sobre todo motivada por falta de medios humanos e materiais”, o que “compromete a capacidade de atención e a calidade asistencial na sanidade pública na cidade e a área”. “A resposta da Xunta do PP ante a entrega dos profesionais durante a pandemia non foi incrementar os medios senón reducilos e insistir na precariedade”, lamentou.

Acto seguido, censurou “as deliberadas políticas do PP que apostaron por un modelo privatizado e recortado no Hospital Álvaro Cunqueiro, desmantelaron parcialmente o Meixoeiro, negáronse a implantar na rede pública ao Hospital Povisa e recortaron á metade o novo centro de saúde de Bouzas“.

A isto engadiu que a situación é “especialmente grave na atención primaria”, onde segue “a xeneralización da atención telefónica e con gravísimas listas de espera”, o que, remarcou, “provoca un enorme malestar na cidadanía e é un estímulo para que se acabe por acudir ao sector privado, incrementando as desigualdades na atención sanitaria”.

Igualmente, censurou que a resposta do Sergas á falta de profesionais sexa “ofrecer contratos ultraprecarios de 15 días” a médicos e enfermeiros residentes. Finalmente, criticou a recente modificación da Lei de saúde “imposta polo PP sen ningún tipo de diálogo, que, en lugar de robustecer a capacidade da sanidade galega, acabou por perseguir dereitos fundamentais, a través dun réxime de sancións represivas e desproporcionadas”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...