InicioSociedadeA CIG carga contra os plans do PP para "desmantelar" Vulcano

A CIG carga contra os plans do PP para “desmantelar” Vulcano

Anuncian mobilizacións contra as manobras para extinguir a concesión dos terreos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión Comarcal da CIG de Vigo vén de lanzar un dardo ao PP por “insistir” este “na súa ofensiva contra sector naval”. Para a confederación, o desprezo da formación popular ante un sector que coidan central en Vigo vén demostrado polos supostos plans da Autoridade Portuaria de Vigo, comandada polo ex de Sanidade Vázquez Almuíña, para “incoar un expediente de extinción da concesión administrativa do estaleiro Vulcano”.

O plan, que segundo a formación sindical estaría contemplada para a orde do día do vindeiro venres, “suporá impedir o desenvolvemento dun novo proxecto industrial impulsado pola empresa Marina Meridional” e, en palabras da formación “constitúe o primeiro paso para desmantelar o estaleiro e destinar a concesión a usos loxísticos”.

Contra este “desmantelamento” anuncia mobilizacións a CIG, que acusa directamente ao PP de impulsar unha “estratexia suicida” a nivel de política industria. “Queren substituír un estaleiro centenario, que ten sido un dos principais puntais dun sector estratéxico para Vigo e para toda Galiza, como é a construción e reparación naval, para gañar uns poucos metros máis de superficie para contedores”, censurou o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves.

Gonçalves fixo fincapé, neste aspecto, en que “a CIG non vai permitir que acaben afundindo o naval”, polo que anuncia que a central sindical vai reclamar a retirada deste punto da orde do día do consello de administración da APV, ao tempo que esixirá un compromiso “firme e inquebrantábel” coa continuidade do estaleiro.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...