InicioPolíticaCaballero acusa a Xunta de "facer caixa" coa pandemia: "A Vigo non...

Caballero acusa a Xunta de “facer caixa” coa pandemia: “A Vigo non chegou un céntimo”

Feijóo responde ao alcalde de Vigo: "Se a FEMP non consegue fondos, non creo que as responsables sexan os CC.AA.".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns para os concellos o 15 % dos fondos que a Xunta recibe do Goberno central para afrontar os gastos derivados da pandemia de Covid-19, un diñeiro que tería que ser repartido, ao seu xuízo, en función da poboación de cada municipio.

Así o sinalou o rexedor na rolda de prensa, na que insistiu en que o goberno galego recibiu do Executivo central “800 millóns de euros” e “está a facer caixa” porque non os reparte cos municipios. “A Vigo non chegou nin un céntimo”,engadiu. Nese sentido, Abel Caballero estimou que a Xunta “debe a Vigo 15 millóns de euros” e incidiu en que os concellos deben ter eses recursos para “axudar aos hostaleiros, comerciantes, facer a desinfección de colexios, parques infantís, etc.”.

FEIJÓO

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reprobou que Abel Caballero culpase á Xunta de “facer caixa” coa pandemia, e remarcou que Galicia, do mesmo xeito que o resto de autonomías, recibiu recursos para “xestionar no ámbito das administracións públicas autonómicas”. “Se a FEMP non consegue fondos, non creo que as responsables sexan os CC.AA.”, advertiu, en referencia ás declaracións realizadas polo rexedor vigués nunha entrevista coa Cadena SER. “Será responsable primeiro quen non consegue os fondos e segundo, quen non os dá”, apostilou.

De feito, tras o balance de datos e remarcar que agora Galicia ten o foco posto nos Next Generation, advertiu que, segundo as cifras do peche do exercicio autonómico, Galicia tivo un gasto extraordinario pola pandemia de 629 millóns, 90 máis dos recursos recibidos desde o Estado. Por iso, considerou que determinadas declaracións “se caen” por si mesmas.

Pola súa banda, tamén preguntado polas afirmacións do rexedor vigués, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou “non é certo” que o Goberno galego estea “a discriminar” á cidade de Vigo. En concreto, Puy pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa na que sostivo que Abel Caballero, en “liñas xerais”, fai “o que todo alcalde debe de facer, que é pelexar, protexer, buscar e demandar todo aquilo que é proveitoso para a súa cidade”. Con todo, considerou que “o valente non quita o cortés”. “Por iso, nesa defensa dos intereses de Vigo, non é conveniente ir máis aló e vulnerar o que sería razoable, especialmente nunha situación de pandemia”, considerou.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...