InicioSociedadeMenos pacientes nos hospitais a pesar de que seguen subindo os casos...

Menos pacientes nos hospitais a pesar de que seguen subindo os casos covid na área de Vigo

Seguen oito pacientes con este coronavirus en UCI e descenden a 29 os doutras unidades --catro menos-.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse en Galicia ata os 253, o que supón unha trintena máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos manteñen a súa tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva e alcanzan os 2.939, e os pacientes ingresados descenden a 199, cinco menos.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste venres pola mañá pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se indica que hai 43 pacientes Covid en UCI na Comunidade galega, dúas máis, e 156 noutras unidades, sete menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee e Ourense, mentres que se alivia nas de Pontevedra e O Salnés, Lugo e Vigo. Na de Vigo seguen oito pacientes con este coronavirus en UCI e descenden a 29 os doutras unidades –catro menos-.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos no conxunto de Galicia aumentaron por terceira xornada consecutiva. En Vigo soben en 34. Deste xeito, a área de Vigo prosegue á cabeza en infeccións activas con 823

CONTAXIOS EN AUMENTO

No relativo aos novos contaxios disparáronse aos 253, tras superar a barreira dos 200 na xornada anterior con 220, despois de empezar esta semana con 154, baixar a 131 o martes e subir a 188 o mércores. Galicia confirmou 226 positivos por PCR nas últimas 24 horas, dos que 82 corresponden á área de Vigo.

Pola súa banda, a taxa de positividade descendeu lixeiramente a un 2,8 por cento, tras repuntar a un 3,2% o xoves despois de situarse nun 2,3% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,2%. Deste xeito, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas...

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...