InicioSociedadeDúas investigadoras de China e Paquistán integraranse na UVigo no proxecto internacional...

Dúas investigadoras de China e Paquistán integraranse na UVigo no proxecto internacional ‘Menelaos_NT’

Este proxecto está liderado pola University of Siegen, en Alemaña, e conta entre os seus socios coa UVigo, así como outras entidades de Galicia, Alemaña, Romanía, Turquía, Israel e Suíza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) incorporou ás investigadoras Zhouyan Qui, de China, e Rabia Rashdi, de Paquistán, no marco do proxecto ‘Menelaos_NT’, a partir do que as doctorandas centraranse en inventariar infraestruturas de transporte e en ámbitos relacionados coa mobilidade autónoma.

En concreto, ambas cursarán durante o próximos tres anos o programa de doutoramento do grupo Xeotecnoloxías Aplicadas (GeoTECH), tras o que presentarán os seus traballos no campus vigués. A previsión é que neses anos tamén se realicen outros intercambios no ámbito do proxecto.

Segundo informou a universidade viguesa, ‘Menelaos_NT’, que conta cun orzamento total de 3,6 millóns de euros, incorporou ás investigadoras tras ser un dos selecciondos na convocatoria ‘Innovative Training Networks’, do programa de mobilidade do persoal investigador ‘Marie Sklodowska-Curie’.

Este proxecto está liderado pola University of Siegen, en Alemaña, e conta entre os seus socios coa UVigo, así como outras entidades de Galicia, Alemaña, Romanía, Turquía, Israel e Suíza. O seu obxectivo é xestionar a tecnoloxía de sensores complexos para a planificación da sustentabilidade.

Dentro deste marco, a participación da UVigo céntrase no uso das tecnoloxías para realizar a fusión multimodal de datos multisensores, combinando a información entregada por diferentes sensores, a diferentes escalas, con varias resolucións e distinta fiabilidade.

As dúas investigadoras, que xa se atopan en Galicia, foron elixidas nun proceso internacional no que participaron 45 candidatos. Zhouyan Qui estudou o grao na Universidade de Wuhan (China) e o máster na Universidade de Stuttgart (Alemaña), mentres que Rabia Rashdi cursou a carreira e o máster na Mehran Univeristy of Engineeeing & Technology (Paquistán).

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...