InicioCulturaBaiona lávalle a cara a súa gran biblioteca e arquivo histórico

Baiona lávalle a cara a súa gran biblioteca e arquivo histórico

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baiona xa conta cun gran edificio renovado para a súa biblioteca e arquivo histórico. A biblioteca municipal, que conta con 27.005 exemplares, está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, polo que comparte co resto de bibliotecas integradas rexistro bibliográfico.

Entre os servizos que a Xunta presta á Biblioteca de Baiona están a plataforma de préstamos de obras dixitais GaliciaLe ou a Biblioteca Dixital en Rede con recursos como o Banco de contidos de Aula Planeta ou E-Junior (unha enciclopedia electrónica para rapaces de primaria e secundaria). Xunto coa biblioteca tamén reabre o arquivo histórico, un dos mellores de Galicia en documentación relacionada co descubrimento de América.

O presidente da Xunta presidiu a inauguración das obras de rehabilitación e restauración do edificio Sancti Spiritus, que é o que alberga os dous espazos. O titular do Executivo galego salientou que o antigo hospital Sancti Spiritus cumpriu no seu momento unha función asistencial básica para a sociedade e agora “cumprirá outra igual de relevante: a de achegar coñecemento a todos os veciños de Baiona”.

Ana Pastor e Feijóo na Biblioteca Municipal de Baiona / xunta.gal

O presidente do Goberno galego definiu ás bibliotecas como depositarias da memoria colectiva, axentes da democratización cultural e aceleradoras de innovación. Ademais, destacou que a cooperación é imprescindible para que as bibliotecas traballen en rede como os modernos sistemas de información, e para conseguilo está a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que comparten carné único. Ademais, aludiu a que esa cooperación inspira tamén ás institucións que colaboran nesta actuación: o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello e lembrou que o Goberno galego contribúen con 155.000 euros a esta obra.

O presidente da Xunta concluíu lembrando que a biblioteca de Baiona será un piar cada máis forte dunha Rede que avanza e destacou que, segundo os últimos estudos, aumenta o número de usuarios nunha porcentaxe en torno ao 7% anual, increméntanse as visitas ás webs e a presenza en redes sociais, aumenta a colección e estanse modernizando os equipamentos bibliotecarios.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...