InicioCulturaUnha obra para coñecer a vida íntima de Xela Arias en Vigo

Unha obra para coñecer a vida íntima de Xela Arias en Vigo

A Librería Cartabón acolle a presentación de 'XelArias. Palaba á intemperie', unha obra que analiza o día a día da poeta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Logo dunhas letras galegas 2020 accidentadas e cargas de dificultades, todo apunta a que Xela Arias –premiada postumamente neste ano 21– contará, cando menos, cun chisco máis de normalidade no tocante á celebración presencial da súa obra e figura. Proba diso é a presentación disposta para este martes seis na Librería Cartabón na urbe viguesa.

O espazo acollerá os primeiros pasos da obra XelArias. Palaba á intemperie, da autoría da escritora e poeta Emma Pedreira e da ilustradora e investigadora musical Laura Romero. A obra analiza a noción de poeta no marco de Xela Arias e, en fin, como vai desenvolvendo a súa obra e arte na vida cotiá; primeiro no colexio, na casa, etc. 

“A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura”, apuntan dende a editorial.

“UN POUCO PUNK”

O libro, catalogado como “un pouco punk” por parte de Emma Pedreira, será presentado ás 20:00 horas na libraría localizada no número 125 da Rúa Urzaiz. Un recoñecemento máis a unha poeta que, malia ser orixinal de Sarria, desenvolveu na urbe olívica a súa vida e obra que neste 2021 inunda as librarías e bibliotecas galegas cunha ollada transgresora e cabalo de dous séculos.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...