InicioSociedadeVigo planta 75 novas árbores do país no monte da Guía

Vigo planta 75 novas árbores do país no monte da Guía

Asociación Veciñal de Teis demandou en xaneiro que o Concello de Vigo repoboara o monte da Guía con especies autóctonas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno do Concello de Vigo acometeu o martes, 30 de marzo, a plantación de 75 árbores orixinarias de Galicia cerca do campo de fútbol da Guía onde, o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo realizara talla de árbores, na súa maioría eucaliptos e acacias.

Acompañado polos edís de Parques e Medioambiente, Ángel Rivas e Nuria Rodríguez, o alcalde de Vigo achegouse á ladeira do monte da Guía, na parte baixa do campo de fútbol, para supervisar a plantación de 45 carballos e 10 bidueiros, ademais de rododendros.

“Trátase de recuperar a paisaxe existente en lugar de repoboar o monte con eucaliptos e acacias que, ademais, son especialmente invasoras”, defendeu Cabellero, quen, tamén puxo en valor que “só no mes de marzo plantamos nesta cidade 248 árbores novas“.

Ademais das 75 árbores plantadas no Monte da Guía, o goberno vigués realizou neste mes de marzo numerosas plantacións en zonas urbanas: 21 en Barreiro, 42 en Navia, 60 na Avenida de Castelao e outras 50 árbores en Samil. “É unha satisfacción”. Ademais, Caballero remarcou que outras 700 árbores entregáronse ás comunidades de montes.

CRÍTICAS AO GOBERNO DE VIGO

Esta acción levada a cabo polo Concello de Vigo realizouse como resposta ás críticas e demandas da Asociación Veciñal de Teis que, tras a tala de eucaliptos e acacias no monte da Guía en decembro, reclamou ao goberno municipal de Vigo, en xaneiro, que realizase unha plantación de arbores autóctonas -como carballos, castiñeiros, bidueiros ou sobreiras- no monte da Guía, para “evitar que en poucos anos estes terreos estean ocupados novamente por árbores invasoras”.

Pola súa parte, outros colectivos e asociacións levan tempo denunciando as actuacións do Concello de Vigo con respecto a tala de árbores. En concreto, o pasado mes de xuño -en 2020-, Ecoloxistas en Acción e Extintion Rebelion Vigo realizaron unha acción protesta na muralla da fortaleza do Castro para denunciar o “arboricidio” que, segundo eles, se estaba cometendo.

A isto súmaselle a tala de árbores levaba a cabo na Gran Vía para a edificación das ‘famosas’ rampas, estrenadas en decembro, así como a tala de catro dos sete árbores que quedaban Vía Norte tras eliminar o resto deles ata o cruzamento con Urzaiz debido ao proxecto de centro comercial de Adif para Vigo.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...