InicioSociedadeDetectan 8 positivos no cribado de Cangas a pesar da baixa participación

Detectan 8 positivos no cribado de Cangas a pesar da baixa participación

As probas en Moaña sáldanse con 10 contaxios rexistrados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cribados poboacionais realizados nos municipios de Cangas e Moaña nos últimos días detectaron 18 casos positivos de COVID, a pesar de que a participación non superou en ningún dos casos o 40 por cento. Segundo informaron fontes de Sanidade, para o cribado de Cangas estaban citadas 4.000 persoas, das que participaron 1.451 (un 36,2 por cento), e detectáronse 8 casos positivos.

En Moaña, a participación no cribado foi do 40 por cento (1.208 persoas, das 3.000 que foron citadas). Nese caso, o número de positivos en COVID foi de 10 persoas.

Segundo os datos publicados este luns por Sanidade, no municipio de Cangas, que ten niveis de restrición media, diagnosticáronse 20 novos casos de coronavirus na última semana, e 36 nos últimos 14 días. No caso de Moaña, que permanece con niveis de restrición media-baixa, na última semana diagnosticáronse 17 casos, e nos últimos 14 días diagnosticáronse 27 casos.

 

ÚLTIMAS

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...

Golpe ao contrabando de tabaco en Vigo

A Garda Civil, a través da Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vigo, interceptou...