InicioEconomíaVigo, epicentro da loita obreira para o PCE

Vigo, epicentro da loita obreira para o PCE

O Partido Comunista de España celebra o seu centenario co obxectivo de manter viva a loita obreira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Partido Comunista de España (PCE) celebra este ano o seu centenario con numerosas actividades que se realizarán nos próximos meses e o seu acto central o próximo 3 de xullo, a través do que conmemorarán “a necesidade de manter viva a vixencia da loita obreira”.

Así o comunicou a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, que nun acto celebrado este luns en Vigo indicou que elixiron esta cidade para presentar as actividades do centenario porque “é un símbolo da loita obreira na que o Partido Comunista foi protagonista”.

Solla remarcou que a día de hoxe os principios dos comunistas “seguen vixentes, sobre todo coa crise do Covid e a anterior crise económica, que supuxo que a pobreza chegase a cinco millóns de españois”. “Nesa perdida de dereitos da clase obreira, de precarización emprego e para as mulleres, ten mais forza a mensaxe dos comunistas”, incidiu, a colación do que chamou “ao conxunto das forzas de esquerdas” e ao “conxunto dos traballadores” a unirse aos actos de celebración do centenario.

En concreto, o acto central celebrarase o próximo 3 de xullo nunha localización aínda por concretar. Ademais, levarán a cabo diversas actividades culturais, como documentais, un certame de relatos, unha acción poética, exposicións, un certame de hip-hop e un concurso de pezas de rap.

En relación con iso, Solla manifestou que se realizarán numerosas actividades culturais porque “máis aló da loita obreira, a loita cultural e das ideas e o traballo polo acceso á cultura foi relevantísima” na historia do comunismo.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...