InicioPolíticaPreto de 400 persoas participan na elección da nova dirección de EU...

Preto de 400 persoas participan na elección da nova dirección de EU en Vigo

Hai dúas listas, a que encabeza o actual líder e ministro de Consumo, Alberto Garzón; e a de José Antonio García Rubio, exresponsable económico da formación durante a etapa de Cayo Lara.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 1.800 galegos militantes e simpatizantes de Esquerda Unida (EU) están chamados a participar no proceso aberto ata este domingo para renovar os órganos de dirección de Esquerda Unida (EU) e os documentos políticos de cara á XII Asemblea Federal.

O secretario de Organización de EU, Rubén Pérez, estivo este sábado no local da formación na Porta do Sol, en Vigo, onde se desenvolve de maneira presencial ao longo do fin de semana un proceso de votación cuxa fase ‘en liña’ arrincou xa o pasado luns.

Na comarca viguesa, tal e como explicou Pérez en declaracións aos medios, participan “aproximadamente 400 persoas” que podían depositar o seu voto ben a través de Internet ou ben en urna nas correspondentes sedes ata este domingo.

Como ocorreu noutros procesos congresuais, o nivel de participación das persoas con dereito ao voto está en función do seu grao de militancia. Así, quen é simpatizante pode votar tanto o Informe de Xestión 2016-2020, como os documentos políticos presentados á XII Asemblea Federal.

Doutro xeito, os afiliados poden exercer o seu dereito ao voto tanto sobre o Informe de Xestión e os documentos políticos, como sobre os Estatutos e as dúas candidaturas formalizadas para renovar os órganos federais de dirección para o próximos catro anos: a que encabeza o actual líder e ministro de Consumo, Alberto Garzón; e a de José Antonio García Rubio, exresponsable económico da formación durante a etapa de Cayo Lara.

A XII Asemblea Federal culminará os días 26 e 27 de marzo en Madrid co peche do encontro máis importante que celebra EU cada catro anos. Este congreso celébrase nestas datas despois de ser aprazado en dúas ocasións pola pandemia do coronavirus.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...