InicioSucesosTraxedia en Salvaterra: morren unha muller e dous fillos nun accidente

Traxedia en Salvaterra: morren unha muller e dous fillos nun accidente

Os tres viaxaban nun vehículo que colisionou frontalmente con outro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente da P0-510 que une os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra deixou tres persoas mortas e un ferido grave. Trátase dunha nai e os seus fillos menores de idade, unha moza de entre 16 e 17 anos e un neno de arredor de 6.

O sinistro tivo lugar na noite deste venres, sobre as 22.00 horas, cando o coche no que circulaba un home, por causas que se descoñecen, chocou frontalmente co vehículo no que ían os tres familiares. O home resultou ferido grave.

O tráxico sinistro tivo lugar no desvío da saída de San Jorge e Parderrubias, xusto antes de chegar a Salceda. Os tres falecidos son veciños de Salvaterra do Miño e o home do Porriño, segundo informan fontes de emerxencias.

Tras o sinistro os equipos de emerxencia tentaron reanimar á muller e os rapaces. Nai e filla quedaron atrapadas no vehículo, mentres que o neno foi atendido por unha enfermeira. Até alí desprazáronse Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil, Emerxencias 112, Policía Local de Salceda e operarios de mantemento de estradas. O viario tivo que ser cortado ao tránsito.

ÚLTIMAS

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha...

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...