InicioPolíticaMarea de Vigo: "Non é ético que, na actual crise, se usen...

Marea de Vigo: “Non é ético que, na actual crise, se usen remanentes para campos de fútbol”

Acusa o goberno local de xestionar o uso de remanentes con "improvisación total".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo acusou ao goberno local de xestionar o uso dos remanentes con “improvisación total” e puxo como exemplo o anuncio realizado polo alcalde doutros 13 millóns deses aforros que se usarán “en proxectos xa iniciados ou, nalgúns casos, xa consignados en orzamentos anteriores”.

Segundo sinalou a concelleira Oriana Méndez, esa decisión pon de manifesto que o goberno de Abel Caballero “segue sen entender que os retos dos próximos meses na cidade son evitar ducias de desafiuzamentos a partir de xuño, que non colapsen definitivamente o comercio local e a hostalaría, e ter un colchón de cobertura social sufiente”.

Méndez advertiu de que “é un erro priorizar a continuidade de actuacións que xa estaban en marcha” fronte a cuestións como “políticas de coidados, apoio á cultura” e outras accións, e a actuación do goberno local demostra “unha falta de lectura correcta dos problemas que viven as familias viguesas, o sector da cultura, salas de música, teatros, etc.”.

A edila de Marea de Vigo lamentou que se cometeu “o mesmo erro” que en modificacións de crédito anteriores para o uso de remanentes (36 millóns de euros en 2020), xa que se fai fincapé en “obras públicas ornamentais”, no canto de “activar un ambicioso plan” para que eses recursos sexan instrumentos de reactivación económica, cobertura social ou alternativa habitacional, nunha cidade “cun nivel de pobreza cronificado que supera o 21 %”.

Respecto diso, advertiu de que “non é ético” que, na actual crise, se usen remanentes para campos de fútbol, reformas de rúas, ou mesmo “para cubrir con metacrilato un tranvía”, en lugar de dar axudas directas á hostalaría e o comercio, ao sector de lecer nocturno, ou ao sector cultural, ou crear un parque de vivendas de emerxencia social.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...