InicioSociedadeSeis pacientes afectados nun brote de COVID detectado na área de Dixestivo...

Seis pacientes afectados nun brote de COVID detectado na área de Dixestivo do Álvaro Cunqueiro

Os pacientes infectados xa foron illados na área COVID do hospital vigués, mentres que as probas realizadas ao persoal non detectaron ningún caso, aínda que aínda se seguen efectuando PCR entre os traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou a detección dun brote de coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, en concreto na área de Dixestivo, que afecta, de momento, a seis pacientes, aínda que se seguen realizando probas en busca doutros posibles casos.

Segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, a alerta activouse ao realizarlle unha proba PCR a unha paciente ingresada nesta área, previamente á realización outra proba técnica. Esa PCR arroxou resultado positivo, polo que se estenderon as probas ao resto de pacientes ingresados nesa zona e, ata agora, confirmáronse outro cinco casos máis.

Os pacientes infectados xa foron illados na área COVID do hospital vigués, mentres que as probas realizadas ao persoal non detectaron ningún caso, aínda que aínda se seguen efectuando PCR entre os traballadores.

ÚLTIMAS

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...