InicioSociedadeAnpas volverán manifestarse contra o traslado da Escola Santa Marta, que Caballero...

Anpas volverán manifestarse contra o traslado da Escola Santa Marta, que Caballero confirma “irreversible”

Foanpas insiste en que a nova localización, de onde haberá que desaloxar un centro de formación de profesorado da Xunta, "non é a mellor".

PUBLICADO O

A Federación Olívica de Anpas (Foanpas), xunto á Anpa ‘O Tranvía’ (da Escola Infantil Municipal Santa Marta) e a do CEIP Ramón y Cajal, así como representantes da asociación veciñal do Casco Vello de Vigo volverán concentrarse este sábado en protesta polo traslado da escola infantil.

Debido ás obras de urbanización de Barrio do Cura, os nenos do centro Santa Marta serán recolocados no edificio do Instituto Municipal de Educación, segundo anunciou hai días o alcalde, Abel Caballero, tras fracasar o seu intento de levar a escola ao CEIP Ramón y Cajal pola negativa da Xunta e do propio colexio.

Foanpas volveu insistir en que a nova localización (de onde haberá que desaloxar un centro de formación de profesorado da Xunta) “non é a mellor”, posto que se atopa moi lonxe do Casco Vello e, ademais, xa conta con outra escola infantil próxima (Tomás Alonso).

Por outra banda, alertaron de que a Concellaría de Educación “non garante a apertura de matrícula” para os cativos de 0-3 anos e incidiron en que “calquera proposta deberá respectar a integridade da escola”.

Da protesta deste sábado desmarcouse o sindicato CC.OO. Ensino, tras asumir que a escola dispón dun “novo emprazamento de carácter temporal” e, no proxecto de intervención urbanística no Barrio do Cura “xa aparece con carácter obrigatorio a creación dunha escola infantil para obter licenza”.

Segundo o sindicato, as traballadoras do centro “consideran que o novo emprazamento é válido para garantir o servizo”, polo que decidiron non participar na manifestación do sábado, como tampouco fará CC.OO. Ensino, que reclamou tamén que se abra a “matrícula completa” de 0 a 3 anos.

DECISIÓN “IRREVERSIBLE”

Preguntado acerca da protesta convocada para o sábado, o alcalde asegurou que a Anpa da escola “está de acordo” coa decisión de trasladar o centro ao Instituto Municipal de Educación, unha decisión “irreversible”.

Caballero insistiu en que, nesa localización, se vai crear “unha gran escola infantil” permanente, na que “se encherán todas as plantas” e que se sumará ao centro que se constrúa no Barrio do Cura.

Finalmente, o rexedor lembrou que non se pode manter aberta unha escola infantil nunha zona en obras (aínda que os traballos non comezasen nin teñen aínda licenza) e preguntouse se “alguén quere parar o Barrio do Cura”, porque “hai algún sindicato que se dedica a parar cousas”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...